EN QUE CONSISTE
Proxecto tractor en virtude do que se levantará un complexo pioneiro que tratará ao ano máis de 7 millóns de toneladas de residuos infrautilizados para a súa valorización e reutilización. O centro focalizará a súa actividade na xestión duns 6 millóns de toneladas de excedente de zurro para a produción de biogás, bioetanol e fertilizantes orgánicos.
Líderes
Repsol, Naturgy e Reganosa.
Investimento
Estimamos mobilizar un investimento ~ de 600 millóns de euros.
Emprego estimado
~ 2.500 empregos directos e indirectos (equivalentes a tempo completo).~ 1.000 empregos durante a construción (equivalentes a tempo completo).