A directora xeral da sociedade, Enyd López, acompañou ó vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde na súa participación no foro organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama)

3 de outubro de 2022

No marco dun encontro organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), o vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde,  destacou a aposta de goberno galego por fomentar a colaboración público-privada con instrumentos como a sociedade Impulsa Galicia para, entre outras cousas, apoiar o desenvolvemento das enerxías renovables como se está a facer en Galicia: vinculadas á industria co hidróxeno verde, o almacenamento ou a eólica mariña. Afirmou que sostenibilidade é clave para transformar o modelo produtivo, ó igual que a innovación e a dixitalización; as tres patas da candidatura galega ós fondos Next Generation e entre outras iniciativas, citou os proxectos de Impulsa Galicia máis avanzados: a fábrica de fibras textiles sostibles de Altri, o de xeración de hidróxeno verde de EDP e Reganosa e o proxecto de xeración de biometano de Repsol, Naturgy e Reganosa, a partir de excedentes dos xurros gandeiros .