EN QUÉ CONSISTE
Proxecto tractor mediante o que buscamos a revitalización demográfica e económica das áreas rurais de Galicia a través do impulso da actividade económica ligada ao sector primario e á bioeconomía, utilizando novos modelos de negocio adaptados á economía verde e á transición ecolóxica.
Estanse creando aldeas modelo; algunhas delas funcionarán como instrumento de recuperación da terra agraria para poñer en produción, de xeito sostible, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios. Xeraranse produtos agrarios de elevado valor engadido, máxima calidade e producidos con criterios de sostibilidade e circularidade, que serán comercializados mediante unha marca de garantía común.
Investimento
~ 601,5 millóns de euros.