EN QUE CONSISTE 


Recursos de Galicia (RDG) nace como un dos instrumentos facilitadores da consecución dos obxectivos da futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.
Trátase dunha sociedade mixta pioneira en España que, sen perder a referencia do horizonte da rendibilidade, favorecerá a maximización da repercusión no territorio do valor xerado polos recursos naturais, a competitividade dos prezos enerxéticos e a descarbonización da economía. En definitiva, perseguirá que o desenvolvemento enerxético sexa equitativo e redunde no progreso de Galicia e do seu tecido económico ou, dito doutro xeito, que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais queden no territorio.

Líderes

O accionariado compóñeno: Xunta de Galicia; Abanca; unha sociedade vehículo de Megasa e Finsa; unha sociedade vehículo de Copasa, Valtalia e Gesuga; unha sociedade vehículo de Grupo Nogar, Grupo Pérez Rumbao, Conservas Rianxeira-Jealsa, Profand e Grupo Revi; Gadisa; Exlabesa; Ence Terra; ARP Global; Ain Active; Viuda de Severiano Castro e Hijos; unha sociedade vehículo de Grupo Intaf, Genesal, Industrial Recense, Mecanizados Acebrón, Cover Global, Edigal, Tecdesoft, Ertec Iberia, Integria Energía Empresas, Eroxona, Sertogal e Twinleads, todos socios de Cluergal; Wind1000; Epifanio Campo; Aceites Abril; Megaro Foods.


Investimento

100 millóns de euros (capital social).


representación