EN QUE CONSISTE 


Proxecto tractor baseado na transformación da madeira en fibra téxtil baixo principios de sostibilidade e circularidade. Por primeira vez, pecharemos o círculo vital da madeira en Galicia e fabricaranse na comunidade autónoma unhas 200.000 toneladas anuais de fibra téxtil sostible, utilizando como materia prima principal madeira certificada procedente dos nosos bosques, así como residuo téxtil.

Unha vez concibido o proxecto en Impulsa Galicia, contactouse cos líderes do sector a nivel mundial para presentarlles a oportunidade. Dentro dese proceso, leváronse a termo negociacións minuciosas con catro grandes empresas de ámbito nacional e internacional con capacidade para executalo. Todas elas amosaron o seu interese debido á dimensión do proxecto e á posibilidade de participar nun ecosistema de innovación pioneiro en circularidade.

Seguiuse un proceso de negociación equitativo, estruturado e homoxéneo cos potenciais socios promotores, que se extendeu desde maio ata setembro de 2021.

Finalmente, chegouse á firma dun memorando de entendemento coa portuguesa Altri.

Líderes

A papeleira portuguesa Altri é o líder industrial escollido que costeará o deseño e desenvolvemento da iniciativa ata levala ao momento do investimento. Conforme vaia avanzando o proxecto, explorará alianzas con toda a cadea de valor do sector forestal galego.


Investimento

~ 800 millóns de euros.


Emprego estimado

~ 2.500 empregos directos e indirectos (equivalentes a tempo completo).~ 10.000 empregos durante a construción (equivalentes a tempo completo).